Novas datas para a recollida de enseres
Xa temos novas datas para a recollida de enseres no Concello de Ortigueira.
En Santa Marta de Ortigueira e en Espasante, o depósito será o 2 de marzo e a recollida o 3 de marzo.
No resto das parroquias, o depósito será o 6 de marzo e recolleranse o 7 de marzo.
Será necesario chamar ao 981 400 000 para avisar dos obxectos depositados e o lugar de depósito.