Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Unha veintena de nenos e nenas beneficiaranse do programa “Agasallos de Nadal”

  • Con esta iniciativa o equipo do goberno local busca que ninguén se quede sen agasallo nestas festas tan especiais e máxicas.
  • As contías por persoa oscilan entre un mínimo de 100 e un máximo de 300 euros, cos que se poderán adquirir xoguetes, libros, roupa, calzado ou calquer material ou instrumento que teña relación cas novas tecnoloxías.

Unha vintena de nenos e nenas beneficiaranse do programa municipal “Agasallos de Nadal” co que o Concello de Ortigueira busca que “ningún neno quede sen regalo nestas datas tan sinaladas”, indicou o alcalde do municipio, Juan Penabad Muras.

As contías por neno oscilan entre un mínimo de 100 euros e un máximo de 300 atendendo á situación familiar de cada un. Estas subvencións estaban dirixidas a menores de 15 anos e de 19 no caso de ter un grao de discapacidade superior ao 33%.

O alcalde, Juan Penabad Muras, destacou “o valor humano deste proxecto, que busca que a ilusión da rapazada non se vexa condicionada polas posibles dificultades económicas da súa familia”. “Queremos aportar o noso grao de area para que todas as mozas e mozos ortigueireses, sen excepción, poidan gozar do mellor Nadal posible”, engadiu.

En total, o goberno local destina un total de 2.700 euros para este programa. A contía adicada a cada menor incrementouse con respecto a pasadas convocatorias (cando a axuda máxima a percibir era de 50 euros por persoa). Os vales poderán canxearse nos establecementos de Ortigueira adheridos á campaña.

Entre os requisitos para acceder a esta subvención incluíase figurar como empadroado e residir en Ortigueira, covivir cos menores para os que se soliciten as axudas e que a unidade familiar contase cuns ingresos anuais ponderados inferiores ao 1,5 do SMI vixente para cada an0.

 

Back to top