Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO MELLORARÁ A RECOLLIDA DE RESIDUOS CUN NOVO VEHÍCULO RECOLECTOR E 19 CONTEDORES AMARELOS

O Concello de Ortigueira mellorará o sistema de recollida de residuos sólidos urbanos coa incorporación dun novo vehículo recolector e dezanove contedores amarelos para o plástico. Con esta actuación, o Consistorio prevé xestionar de forma máis eficiente os refugallos, ofrecendo un servizo máis completo á cidadanía do municipio. Unha acción que tamén servirá para fomentar a reciclaxe e, por tanto, reducir a contaminación ambiental.

O Concello financia este proxecto a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, que dedica 57.252 euros para poder adquirir o equipamento mencionado.

A adquisición do novo vehículo permitirá ao Concello configurar novos roteiros de recollida de lixo, abarcando en menos tempo un espazo maior. A compra do novo transporte terá un custo de 55.660 euros, que se financiará con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

Á súa vez, dentro das melloras deste servizo, inclúese a colocación de 19 novos contedores, impulsando en maior medida a reciclaxe, o que contribuirá a reducir a contaminación ambiental no municipio, facilitando a separación dos residuos.

“Traballamos para mellorar un servizo que é básico e que precisa seguir progresando, adaptándose ás necesidades dos veciños e veciñas”, explicou o alcalde do municipio, Juan Penabad Muras.

Back to top