Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIRO “A ARTE DE COIDARTE”

Onte 1 de xuño ás 18:00 horas tivo lugar a reunión presencial no Centro Social de Ortigueira do obradoiro “A arte de coidarte”, un curso encamiñado a aprender a coidarse.

Neste taller están a participar un total de 14 mulleres.

Naiara González e Noelia Darriba encargáronse de guiar a xuntanza, na que se puxeron en común as experiencias e técnicas de autocoidado levadas a cabo durante as pasadas semanas.

Esta actividade da concellería de Igualdade conta co cofinanciamento da Secretaría de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Back to top