Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS DE ORTIGUEIRA QUE ABRIRON AS SÚAS PORTAS APROXIMÁRONSE AO CHEO TOTAL DURANTE A SEMANA SANTA

O Concello de Ortigueira fixo, a través da súa oficina de turismo, unha enquisa para coñecer o nivel de ocupación dos establecementos hoteleiros da localidade durante a Semana Santa, da que se deduce que máis a mitade dos que abriron as súas portas durante ese período vacacional conseguiron cubrir todas as prazas habilitadas ou estiveron moi preto de facelo.

Os locais que abriron tiveron que facelo ao 50% da súa capacidade e foron, basicamente, aloxamentos de turismo rural e algún hostal céntrico da vila.

A maior ocupación concentrouse nas noites do xoves, venres e sábado, aproveitando os festivos, aínda que tamén tiveron hóspedes, en menor medida, ao longo da semana.

O concelleiro de Turismo, Juan Cao, lembrou que Ortigueira é un dos principais destinos turísticos da zona e mostrou a súa satisfacción polo feito de que, incluso na actual situación de pandemia, sexa quen de atraer aos viaxeiros e viaxeiras. Confiou igualmente en que este verán poida haber unhas mellores condicións para os desprazamentos que permitan revitalizar sectores tan importantes no municipio como o do turismo e a hostalería.

Back to top