A REDE CEMIT ACOLLE NOVAS ACTIVIDADES FORMATIVAS EN COMPETENCIAS DIXITAIS E SOCIAIS PARA FACILITAR A INSERCIÓN SOCIOLABORAL DE PERSOAS DESEMPREGADAS
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a entidade colaboradora Red Araña poñen en marcha unha variedade de programas formativos que contan con financiación da Xunta de Galicia, co obxectivo de promover actuacións que permitan a inserción sociolaboral de persoas desempregadas a través da adquisición de destrezas dixitais e sociais.
As actividades desenvolveranse durante os meses de outubro e decembro principalmente en formato presencial (sempre que as autoridades sanitarias o permitan) e por videoconferencia e consistirán en talleres de competencias dixitais para a mellora da empregabilidade, actividades de networking, talleres de habilidades sociais, creación de ideas de negocio, etc.
Inscrición e participación
As persoas interesadas en participar tan só deberán cumprir co requirimento de estar en procura de emprego coa tarxeta do Servizo Público de Emprego activa e o DNI vixente e estar dados de alta como usuarios CeMIT para inscribirse nas actividades dispoñibles a través das aulas CeMIT ou na web CeMIT segundo o seguinte calendario:
– O Taller de habilidades dixitais e Networking, previsto para o 26 e 27 de outubro na aula de Ribeira.
– Taller de Competencias dixitais básicas orientadas á mellora da empregabilidade das mulleres que celebrarase os días 28, 29 e 30 de outubro e o 2 e 3 de novembro en horario de 10:30 a 14:30 horas en Ribeira
– Taller de mellora de habilidades sociais no voluntariado (neste caso non sería un requirimento necesario ter a tarxeta do SEPE activa) previsto para o 4 e 5 de novembro en horario de 9:00 a 14:00 horas na aula de Valga
– Taller de Competencias dixitais avanzadas orientadas á mellora da empregabilidade e Obradoiro de habilidades dixitais, os días 6, 9, 10, 11 e 12 de novembro en horario de 09:30 a 13:30 nas aulas de Poio, e Valga, e os días 16, 17, 18, 19 e 20 de novembro en horario de 09:30 a 13:30 nas aulas de Cerceda, Fisterra e Ortigueira celebrarase unha edición en nivel básico.
– Taller de creación de ideas de negocio previsto para o 27 de novembro en horario de 9:00 a 14:00 horas nas aulas de Ortigueira, Poio, Pontedeume e Valga.
Para máis información:
☎ Por teléfono 981 402 533.
📧 Por correo electrónico a cemit.ortigueira@xunta.es
Fonte da noticia: https://www.xunta.gal/
LER NOTICIA ENTERA NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/52496/rede-cemit-acolle-novas-actividades-formativas-competencias-dixitais-sociais?langId=gl_ES