Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA SÚMASE AO DECÁLOGO POR UN VERÁN EN IGUALDADE QUE PRESENTA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

O Verán é un tempo de diversión, descanso e desconexión. Polo que é importante fomentar a concienciación sobre a necesidade de fomentar a corresponsabilidade dando respiro as persoas que desenvolven as funcións de coidados habitualmente. Tamén é importante rachar cos estereotipos sexistas, non ser cómplice dos comentarios machistas, denunciar a violencia de xénero e a discriminación que sofren moitas persoas por mor da diversidade sexual.

É un tempo de oportunidades, para coidar conscientemente a nosa linguaxe de xeito mais inclusiva, para favorecer a conciliación da vida non só laboral, senón tamén da familiar e persoal, de educar en igualdade desde a familia, procurar novos modelos de masculinidade e de ser responsable coa situación actual que estamos vivindo, que incide especialmente nas desigualdades sociais e de xénero.

Back to top