A BIBLIOTECA REABRE MAÑÁ PARA PRÉSTAMO E DEVOLUCIÓN DE MATERIAIS CON CITA PREVIA
O Concello de Ortigueira informa das condicións de reapertura da biblioteca municipal xa, que aínda que Galicia está na segunda fase de desescalada, as obras que se están executado no edificio aconsellan seguir as recomendacións realizadas polo Ministerio de Cultura para abrir este tipo de instalacións na primeira fase.
Mañá mércores comezará o servizo de préstamo e devolución de materiais, sempre con cita previa a través do teléfono 981 400 101 ou do correo electrónico ortigueira.rbgalicia@eidolocal.es. O horario de atención ao público será de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e será obrigatorio o uso de máscara. Na reserva de cita haberá que especificar o material que se quere coller en préstamo e para iso pódese consultar o catálogo na dirección web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal.
Os préstamos que se efectuaron antes do estado de alarma están prorrogados ata o día 11 de xuño.