O CIM LEMBRA QUE A ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO CONTINÚA NO CONFINAMENTO
O Centro de Información á Muller do Concello de Ortigueira reitera que está a disposición de todas as persoas que poidan estar sufrindo unha situación de violencia de xénero, tamén durante o confinamento. Este servizo está operativo de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, pero tamén se pode contactar co seu persoal por teléfono ou a través dos correos adopico@concellodeortigueira.com (Ana Dopico, abogada) ou rblanco@concellodeortigueira.com (Rocío Blanco, psicóloga).
Os teléfonos aos que se pode recorrer son o do propio Concello (981 402 542 ou 604 002 167), o Teléfono da Muller (900 400 273), o de atención ás vítimas da violencia de xénero (016) ou o de Emerxencias (112).
O CIM pide ás persoas afectadas que non queden na casa e pidan axuda a través destas canles.