Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APRAZAMENTO DO PAGO DE IMPOSTOS E TAXAS

No pleno ordinario celebrado no Concello de Ortigueira o día 11 de setembro de 2019, acordouse delegar na deputación provincial da Coruña o cobro tanto voluntario como executivo dos seguintes tributos, ademais dos que xa estaban delegados

➢ Xestión, inspección e recadación tributaria voluntaria e executiva do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica.

➢ Recadación tributaria voluntaria e executiva da taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos.

➢ Recadación tributaria voluntaria e executiva da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga de mercancías de calquera clase.

➢ Recadación tributaria voluntaria e executiva da taxa por outros aproveitamentos especiais con finalidade lucrativa (caixeiros e aparatos de venda automática adosados a fachadas de edificios ás vías públicas).

Desde o 1 de xaneiro deste ano, a competencia para o cobro ou aprazamento dos mencionados tributos, é da Deputación Provincial da Coruña que ven de anunciar o aprazamento do cobro da primeira voluntaria tanto en IVTM como do LIXO, hasta novo aviso.

Este Concello informará os veciños e veciñas das datas en que ese cobro se vai a producir, unha vez nos sea informado pola Deputación Provincial.

Por outra banda, desde o dia 13 de Marzo están suspendidas no Concello de Ortigueira todas as actividades deportivas e socioculturais organizadas polo Concello e todas aquelas que se desenvolvan por terceiros nas instalacións municipais, incluído o mercadillo semanal.

Por elo, non se pasará o cobro desde o día 13 de Marzo tales actividades, e procederase o prorrateo dos días que correspondan do mes de Marzo polos almorzos na escola e a escola de música.

Recordase tamén que do pago do Imposto por Actividades Económicas (IAE) están exentos:

  • Os Autónomos (persoas físicas)
  • Os autónomos e sociedades durante os dous primeiros anos da súa actividade, e a partir do terceiro ano, si a cifra de negocio durante o primeiro ano non superou o 1.000.000 de euros.

Asi mesmo, o Concello de Ortigueira e dando cumprimento a decisión de aportar liquidez a autónomos, pemes e empresas, está priorizando o rexistro e pago de facturas sobre calquera outro tipo de expedientes.

Asi, a espera de que entre en vigor a modificación de crédito aprobada no ultimo pleno extraordinario do 20 de marzo para facer efectivas as facturas contidas na mesma, desde o 14 de Marzo o Concello de Ortigueira leva pagado por importe de 300.000 euros , facturas de gasto corrente a provedores do Concello.

A esta suma hai que engadir as certificacións de obra, devolución de garantías, e devolucións de impostos de vehículos.

Ademais tramitáronse expedientes de emerxencia social por importe de case 4.000 euros.

En este sentido informase que a partida de emerxencia social de que dispón o Concello de Ortigueira, será modificada e ampliada na cantidade en que sexa necesario para atender as persoas e familias do Concello que o precisen debido a situación extraordinaria que estamos a vivir. A solicitude de dita axuda será canalizada a través do departamento de Asuntos Sociais do Concello.

QUEDADE NA CASA

Back to top