“XANELAS DO NADAL” INVITA AOS ORTEGANOS A CELEBRAR ESTAS DATAS COS SEUS VECIÑOS

O Concello de Ortigueira pon en marcha a campaña “Xanelas do Nadal”, que ten como obxectivo favorecer a convivencia veciñal nas datas de Nadal e celebrar as festas en comunidade. Cada persoa participante iluminará o portal da súa vivenda nun día concreto, convertíndoo así en punto de encontro para os veciños e veciñas, que poderán achegarse a el para compartir un pequeno ágape, confraternizar e encher así a vila do espírito do Nadal.

O prazo para reservar data remata o vindeiro día 26 de novembro e os e as interesadas poden facelo chamando ao teléfono do Concello: 981 400 000.

Back to top