VÍDEO PROMOCIONAL DO IV TRAIL MONTES DE COUZADOIRO

A Asociación de Veciños e Veciñas de Couzadoiro, o Concello de Ortigueira e a Peña Ciclista Santa Marta atoparon unha orixinal forma de promocionar a IV edición do Trail Montes de Couzadoiro, que se desenvolverá o vindeiro día 10 de marzo a partir das 9.30 horas. A través dun vídeo no que participan representantes de todas as entidades organizadoras -entre eles o concelleiro de Deportes, Ángel Lozano- e co actor Javier Varela no papel protagonista, mostran o espectacular percorrido da proba contando a historia dun “fanfarrón” que presume de pódela facer sen se despeitear.

A mensaxe que tenta transmitir é que participar no trail, ademais do aspecto deportivo, é unha interesante experiencia vital. O resto dos actores do vídeo son Noa Orizales, da asociación sen ánimo de lucro e de defensa do software libre Chamilo e veciña de Ortigueira; José Vicente Aguiar “Cuxa”, presidente da Peña Ciclista Santa e propietario da pizzería onde se gravou parte do vídeo e Mari, do mesmo establecemento, xunto con Fran Rapa, da AVV de Couzadoiro.

O prazo de inscrición para aproba está aberto ata o vindeiro 7 de marzo a través da web de Evedeport (evedeportnorte.com) e hai tres categorías: trail longo (25 quilómetros), minitrail (12 quilómetros) e Andaina (10 quilómetros), con tres premios masculinos e femininos por cada unha delas.

As persoas interesadas teñen máis información e poden realizar a súa inscrición na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Inscricións “IV Trail Montes de Couzadoiro”

Back to top