Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

No departamento de urbanismo do Concello de Ortigueira abórdanse os trámites relacionados coa planificación, execución e control do desenvolvemento urbanístico na nosa localidad en aplicación da normativa vixente.

Así, tramítanse todo tipo de licenzas de obras, apertura e certificacións urbanísticas, ofrécese asesoramiento e información aos veciños e veciñas nesta materia e particípase no desenvolvemento de proxectos de interese municipal tanto no ámbito da elaboración de memorias como na solicitude de subvencións.

Esta área está xestionada pola concelleira Ana Belén Carrodeguas Trasancos, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello.

Área de Urbanismo

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas.
Persoa de contacto: Ana Belén Carrodeguas Trasancos ana.carrodeguas@concellodeortigueira.com

Back to top