Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

UNHA UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ OS DÍAS 17 E 18 EN ORTIGUEIRA

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia estará o venres 17 e o sábado 18 diante do Centro de Saúde de Ortigueira para poder realizar doazóns. O primeiro día o horario será de 16.00 a 21.00 horas e o segundo de 10.00 a 15.00. Desde o CTS lembran que só se precisan 10 minutos para salvar vidas coa doazón de sangue, e que poden doar todas as persoas maiores de 18 anos que pesen máis de 50 quilos.

Se se vai doar pola mañá hai que almorzar, e se é pola tarde hai que esperar dúas horas despois de xantar. Se se está tomando algunha medicación é necesario advertilo previamente.

Back to top