Na concellería de Turismo, Comercio e Atención Cidadá trabállase en diferentes accións e programas que pretenden o desenvolvemento turístico, económico e participativo de Ortigueira, dentro da comarca do Ortegal.

No ámbito do Turismo, esta concellería pretende poñer en valor os recursos turísticos cos que contamos, tanto naturais como patrimoniais, pois creemos firmemente que son unha das principais bases para o desenvolvemento local. A promoción das nosas rías, das nosas praias, do noso riqueza cultural, da nosa gastronomía, así como a demostración das nosas ofertas en feiras e eventos, tanto nacionais como internacionais, é unha prioridade para nós. A atención ao visitante, con puntos de información que lle permitan coñecer toda a oferta turística e cultural que poden atopar en Ortigueira e comarca e, disfrutar así da súa estancia nunha das zonas máis marabillosas da Comarca do Ortegal.

Por outro lado, no ámbito do Comercio, prestamos especial atención aos nosos comerciantes pois creemos que son un pilar importante para o desenvolvemento económico do noso municipio. Xenerar emprego, impulsar a creación de novas empresas, informar e asesorar a emprendedores e fomentar o desenvolvemento das empresas xa existentes son os grandes obxectivos para esta concellería.

Esta concellería traballa tamén en proporcionar ao veciño, información acerca de competencias, horarios, forma de contacto das diferentes áreas municipais, ademais de resolver consultas, e realizar as derivacións oportunas aos diferentes departamentos do Concello, en definitiva, traballamos có obxectivo de ofrecerlle ao veciño un lugar onde poida recibir información municipal e expoñer as súas queixas e reclamacións, resolver dudas e cuestións, así como propoñer ideas e realizar suxerencias á administración, para manter así, unha relación máis achegada e directa cós veciños e veciñas de Ortigueira.

Esta área está xestionada polo Alcalde Juan Vicente Penabad Muras, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello.

Área de Turismo

Avda. Escola de Gaitas (A Garea).
981 974 103.
Horario da oficina de turismo: de luns a sábado de 10.00 h a 14.00 h, e de 16.00 h a 18.30 h. Domingos: Pechado.
Horario do punto de información turística de Loiba: pechado
Oficina de turismo – Persoa de contacto: Milagros Fraga turismo@concellodeortigueira.com

Área de Comercio e Atención cidadá

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00h a 14.30h (excepto 13 de xullo, 27 de xullo, 21 de decembro e 28 de decembro que será de 9.00h a 13.00h).
Área de comercio e atención cidadá – Persoa de contacto: Juan Cao García jcao@concellodeortigueira.com

Back to top