Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O concello de Ortigueira dispón de instalacións deportivas, culturais e de ocio que poden ser utilizadas por empresas, asociacións e particulares co fin de organizar eventos ou actividades.

A continuación, pode consultarse o procedemento administrativo para a realización da solicitude das instalacións, así como as ordenanzas fiscais que as regulan:

O Concello pon a disposición dos interesados para o seu alugueiro (para a celebración de eventos deportivos ou particulares) as seguintes instalacións deportivas:

  • Pistas Polideportivas
  • Ximnasio
  • Pavillón
  • Pistas de Padel
  • Campos de fútbol (Morouzos e San Claudio)

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  1. REXISTRO DA SOLICITUDE: as solicitudes presentaranse no rexistro municipal do Concello, expresando claramente a petición (instalación solicitada, finalidade, data, condicións requeridas, documentación e calquera outra circunstancia relevante), e acompañando a solicitude cunha fotocopia do D.N.I. ou N.I.F. do solicitante.
  2. ESTUDO E RESOLUCIÓN DA SOLICITUDE: de oficio, apreciarase polo Concello a non existencia de débedas pendentes, así como o cumprimento dos requisitos xerais da solicitude. Polo servizo de deportes analizarase a solicitude, elaborando a correspondente liquidación da taxa e autorización de uso, que será resolta polo órgano correspondente do Concello.
  3. NOTIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN: logo de ser resolta a solicitude, esta será notificada aos interesados de forma regulamentaria. No caso de ser favorable, entregarase tamén a proposta de liquidación de taxas.
  4. PAGO DA TAXA E ENTREGA DO XUSTIFICANTE: o ingreso da taxa realizarase en calquera entidade bancaria nas que teña aberta conta o Concello ou na caixa municipal, debendo presentar o correspondente recibo na Conserxería do Pavillón antes do uso da instalación. O abono das liquidacións correspondentes aos espectáculos de carácter non periódico deberán realizarse cunha antelación mínima de 48 horas á celebración do espectáculo.

O Concello poderá subscribir convenios de colaboración con persoas naturais ou xurídicas para o desenvolvemento de actividades ou uso de instalacións.

A cesión de instalacións deportivas está regulada pola correspondente ordenanza fiscal dispoñible para a sua consulta e descarga na seguinte ligazón:

VER PDF Ordenanza fiscal nº 17 Prezo público por uso de instalacións deportivas de titularidade municipal e por prestación de servicios deportivos

O Concello pon a disposición dos interesados para o seu alugueiro O Teatro de Beneficencia.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  1. REXISTRO DA SOLICITUDE: as persoas e entidades interesadas deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello cunha antelación mínima de dez días a solicitude de cesión do Teatro, detallando como mínimo a data, uso previsto, duración e demáis datos necesarios para o outorgamento da autorización.
  2. ESTUDO E RESOLUCIÓN DA SOLICITUDE: a solicitude será analizada e resolta polo órgano correspondente que poderá fixar as condicións de uso da instalación que considere oportunas, e no caso de ser favorable, a resolución dará lugar á expedición da liquidación da taxa correspondente.
  3. NOTIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN: logo de ser resolta a solicitude, esta será notificada aos interesados de forma regulamentaria.
  4. PAGO DA TAXA E ENTREGA DO XUSTIFICANTE: o ingreso da taxa realizarase en calquera entidade bancaria nas que teña aberta conta o Concello ou na caixa municipal, debendo presentar o xustificante de pago do correspondente recibo mínimo cun día hábil de antelación ao día do uso da instalación.
As autorizacións de uso que se concedan terán carácter persoal e non poderán ser cedidas e subarrendadas a terceiras persoas.

A cesión de uso do Teatro de Beneficencia está regulada pola correspondente ordenanza fiscal dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

VER PDF Ordenanza fiscal nº 21 Precio público pola entrada e uso do teatro de beneficencia

O Concello pon a disposición das asociacións, comisións de festas, administracións, entidades, empresas e veciños e veciñas interesados a carpa municipal para o seu alugueiro.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  1. PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN DA TAXA: o prezo público que corresponderá abonar polo uso da carpa de titularidade municipal, que incluirá o transporte, montaxe e desmontaxe, fixase en mil euros e ingresarase por autoliquidación en calquera das contas das que dispón o Concello en entidades bancarias ou caixas de aforros ou depositalo na Caixa da Corporación.
  2. REXISTRO DA SOLICITUDE: deberá presentarse no Rexistro de Entrada cunha antelación mínima de vinte días hábiles ao inicio do uso da carpa, aportando a seguinte documentación:
    1. Solicitude na que se faran constar os datos do solicitante, lugar onde se quere ubicar a carpa e datas.
    2. Autoliquidación e xustificante do ingreso do importe da prezo público.
    3. Datos de identificación da persoa responsable da vixilancia e seguridade da carpa durante o periodo de utilización.
    4. Breve descripción do uso da carpa e, no seu caso, o equipamento co que se dotará.
    5. Copia de póliza de seguro de responsabilidade civil.
    6. Autorización ou permiso do titular dos terreos para realizar a instalación da carpa, e copia das licenzas ou autorizacións muncipais e doutras Administracións públicas se fosen necesarias.
  3. ESTUDO E RESOLUCIÓN DA SOLICITUDE: a solicitude de autorización do uso e instalación da carpa será analizada e resolta pola Xunta de Goberno Local, previos informes do equipo técnico responsable do transporte, montaxe e desmontaxe da carpa. Agás en casos excepcionais, a autorización non superará o periodo de catro días naturais (incluido o montaxe e desmontaxe).
  4. NOTIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN: logo de ser resolta a solicitude, esta será notificada aos interesados de forma regulamentaria.
  5. INSTALACIÓN E ACTA DE RECEPCIÓN: o transporte, montaxe e desmontaxe da carpa será realizado por persoal designado polo Concello, e unha vez instalada a carpa o encargado do persoal do Concello que realizaou o montaxe e o representante da entidade solicitante asinaran un acta de recepción onde quede reflectido o estado de entrega.
  6. ENTREGA E DEVOLUCIÓN: unha vez rematado o evento, antes de proceder a desmontar a carpa, o encargado do persoal do Concello e o solicitante asinarán un acta de entrega onde se recolla o estado da carpa nese momento e os desperfectos, se os houbera.

A cesión da carpa municipal está regulada pola correspondente ordenanza fiscal dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón:

VER PDF Ordenanza fiscal prezo público polo uso da carpa municipal

PRÓXIMOS EVENTOS

Back to top