Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Ortigueira realiza unha xestión mixta no que respecta á recadación dos impostos, taxas, prezos públicos e outros ingresos. É dicir, hai determinados tributos nos que as competencias de recadación están delegadas polo Concello, e polo tanto o pago de ditos recibos xestiónase desde os servizos tributarios da Deputación da Coruña ou na empresa xestora do servizo en cuestión.

En determinados casos, tamén o pago pode realizarse nas instalacións municipais nas que se leva a cabo a actividade pola que hai que abonar a taxa. No resto dos casos, a xestión e o cobro corre a cargo dos servizos municipais sitos no Concello.

Nos seguintes desplegables pode consultarse toda a información dispoñible para saber como levar a cabo o pago dos recibos municipais:

Os recibos que o Concello ten delegados na Deputación da Coruña son:

  • Imposto sobre o incremento de valor de terreos de natureza urbana – Plusvalía (IIVTNU).
  • Imposto sobre bens inmobles – Contribución (IBI).
  • Taxa por aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral.
  • Recollida de lixo.
  • Imposto sobre os Vehículos de Tracción Mecánica – Rodaxe (IVTM).
  • Entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase – Vaos.

Para acceder á información sobre estos tributos e á oficina virtual para realizar o pago, pode facerse nas seguintes ligazóns da web da Deputación da Coruña:

IR Á LIGAZÓN Servizos tributarios da Deputación da Coruña

IR Á LIGAZÓN Oficina virtual da Deputación da Coruña

Do mesmo xeito, o Concello ten delegada a xestión e o cobro do recibo de auga e sumidoiros na empresa Viaqua, e é a través dela como pode realizarse o pago.

Nas seguintes ligazóns pode poñerse en contacto coa empresa e facer todas as xestións necesarias para o pago dos recibos:

IR Á LIGAZÓN Contacto con Viaqua

IR Á LIGAZÓN Oficina virtual de Viaqua

Para máis información sobre estos servizos, pode consultar a páxina do departamento de servizos da web municipal:

IR Á LIGAZÓN Servizo de auga, lixo e sumidoiros

O abono das taxas derivadas das actividades deportivas pode realizarse a través de domiciliación bancaria, ou en efectivo nas instalacións da propia piscina. No caso de domiciliación, esta realízase no momento da inscrición, para o cal haberá que cubrir na propia instancia o número de conta bancaria completo (IBAN). No momento de dita inscrición, deberá abonarse en efectivo a matrícula e a primeira mensualidade da cota correspondente.

No caso dos recibos de taxas relacionadas co Festival Internacional do Mundo Celta, o pago de taxas deberá realizarse mediante ingreso bancario nun número de conta do Concello de Ortigueira:

ENTIDADE: ABANCA
NÚMERO DE CONTA: IBAN ES14-2080-0228-5131-1000-0017

No ingreso bancario haberá de facerse constar o número de referencia do contribuínte, e remitirase unha copia do recibo do ingreso ao fax 981-402536 ou por correo electrónico a info.festival@concellodeortigueira.com.

Para o resto dos recibos municipais, o Concello dispón das oficinas de recadación municipais nas que os veciños e veciñas poden facer o pago dos recibos, ou tamén poden realizar o pago nas diversas contas das que o Concello é titular:

ENTIDADE: BANCO SANTANTER
NÚMERO DE CONTA: IBAN ES86-0030-6106-9008-7000-4271

ENTIDADE: BBVA
NÚMERO DE CONTA: IBAN ES82-0182-0611-2700-0000-0202

ENTIDADE: BANCO SABADELL
NÚMERO DE CONTA: IBAN ES25-0081-2303-3200-0100-0606

ENTIDADE: ABANCA
NÚMERO DE CONTA: IBAN ES14-2080-0228-5131-1000-0017

ENTIDADE: BANCO PASTOR
NÚMERO DE CONTA: IBAN ES45-0238-8152-3606-6000-0173

ENTIDADE: CAIXABANK
NÚMERO DE CONTA: IBAN ES17-2100-5981-0902-0001-1891

O texto do xustificante de ingreso no apartado de concepto debe recoller a seguinte información.

Número do DNI + nome do titular do recibo que se está abonando+Breve descripción do pago.

Por exemplo, se o pago que se vai realizar no banco é o recibo da mensualidade da taxa do servizo de axuda no fogar, o concepto que debería poñerse sería:

DNIXXXXXXXXX + Nome do titular+Taxa SAF

PRÓXIMOS EVENTOS

Back to top