Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O certificado de empadroamento e o volante de convivencia poden solicitarse físicamente nas oficinas do Rexistro Xeral do Concello, ou telemáticamente a través da sede electrónica.

REXISTRO XERAL

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas (18 de marzo, 22 de maio, 26 de xullo,16 de agosto, e 24 e 31 de decembro de 2019, todas as oficinas permanecerán pechadas a excepción do rexistro).
Persoa de contacto: Javier Pérez Cora javier.perez@concellodeortigueira.com

REXISTRO DA SEDE ELECTRÓNICA

Sede electrónica do Concello(require identificación persoal)

CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO

Os interesados poderán solicitar tres tipos de certificados:

  • Certificado de residencia – no que aparecen todas as persoas inscritas nunha vivenda.
  • Certificado histórico individual – no que aparece recollido o tempo de residencia do solicitante nunha vivenda.
  • Certificado histórico colectivo – no que aparece o tempo de residencia de todos os inscritos nunha vivenda.

A entrega do certificado será ao día seguinte do rexistro da solicitude.

O prezo deste trámite é de 1,93€.

A tramitación deste certificado está regulada pola ordenanza fiscal nº 22 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos que pode consultar na seguinte ligazón:

VER PDF Ordenanza fiscal por expedición de documentos administrativos

VOLANTE DE EMPADROAMENTO

Os interesados poderán solicitar tres tipos de volantes:

  • Volante de residencia: no que aparecen todas as persoas inscritas nunha vivenda.
  • Volante histórico individual: no que aparece recollido o tempo de residencia do solicitante nunha vivenda.
  • Volante histórico colectivo: no que aparece o tempo de residencia de todos os inscritos nunha vivenda.

A entrega do certificado será no momento da solicitude.

O prezo deste trámite é gratuito.

Back to top