TORNEO DE ORTIGUEIRA DE XADREZ, ESTA FIN DE SEMANA

A Concellería de Deportes de Ortigueira e a Escola Ferrolá de Xadrez organizan para esta fin de semana -sábado e domingo- o Torneo de Ortigueira de Xadrez, para xogadores sen ELO ou con ELO menor de 2200. Disputarase no Centro Social de Ortigueira e os interesados en se inscribir poden facelo a través do e-mail xoanrei@gmail.com, ou do teléfono 655 796 421.

Na seguinte ligazón pode descargar toda a información sobre o torneo:
DESCARGA WORD Torneo de Ortigueira de Xadrez

Back to top