Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DATOS DE CONTACTO DA POLICÍA LOCAL DE ORTIGUEIRA

Centro Social de Cuíña. Lugar de A Clara, s/n.
696 446 863 / 696 446 864.
Horario: de luns a venres de 8.00 h a 18.30 horas (excepto turnos especiais).
Persoa de contacto: jefaturapolicia@concellodeortigueira.com
IR Á LIGAZÓN Situación da sede da Policía Local no Google Maps

O cadro da Policía Local de Ortigueira está conformado por 4 gardas . Ademais de velar pola seguridade dos cidadáns, estes axentes realizan labores relacionados co tráfico, a actividade forestal ou a concesión de licencias de obras no termo municipal.

A Policía Local dispón dun equipamento consistente en tres vehículos patrulla, dúas motocicletas policiais, material para a realización de controis de tráfico, emisoras, ordenadores ou cámaras entroutros medios.

As funcións que realiza a Policía Local son:

  • Intervención en accidentes, rescates, incendios, inundacións e situacións de emerxencia.
  • Atestados por accidentes de tráfico.
  • Ordenación, sinalización e regulamento do tráfico.
  • Vixilancia e disciplina de tráfico, cargas e descargas, e zona azul.
  • Seguridade cidadá.
  • Educación vial en colexios e institutos.
  • Regulamento e vixilancia do mercado semanal.
  • Inspeccións de obras e ocupacións de vía pública.
  • Protección do medio ambiente, sacas de madeira, plantacións forestais, ruídos, etc.
  • Oficina de obxectos perdidos.
  • Vixilancia do cumprimento das ordenanzas municipais.
  • Protección de autoridades municipais.
  • Vixilancia e custodia de edificios e instalacións municipais.

PRÓXIMOS EVENTOS

Back to top