SAEN A LICITACIÓN OBRAS DE MELLORA NA ILUMINACIÓN PÚBLICA NAS PARROQUIAS POR IMPORTE DE 141.600 EUROS

O Concello vén de sacar tamén a licitación unha importante obra de mellora da iluminación pública nos núcleos de Fontela-Ferreiros, O Fabeiro, A Taipa e O Navallo, por importe de 141.629,76 euros. Neste caso as empresas, que poden consultar detalles no perfil do contratante do Concello, teñen de prazo ata o 30 de maio para presentar as súas propostas.

Esta intervención inscríbese no obxectivo de continuar humanizando as parroquias de Ortigueira. Muras explicou que o que se persegue é que a xente que vive nelas poida ter os mesmos servizos que a que reside nos núcleos urbanos, unha tarefa que hai que ir desenvolvendo pouco a pouco. Trátase, engadiu, dunha intervención “forte” que ademais de atender as necesidades das persoas das parroquias pertende atraer nova poboación.

Neste sentido explicou que cada vez hai máis veciños e veciñas que se establecen a Ortigueira, moitos deles extranxeiros, pola diferenza na calidade de vida con respecto ás cidades. O alcalde lembrou que o punto máis lonxano do casco de Ortigueira en Loiba está a 20 minutos, polo que esta distancia é pequena para quen ten que percorrer a diario moitos quilómetros nas grandes cidades e non hai “o agobio nin a presión” que se padece nelas. De aí que sexa importante ir completando os servizos básicos.

Nesta liña animou tamén ás persoas que residen nas parroquias a que fagan uso do reparto de mercadorías que achega ás viviendas peixe fresco, pan, ultramarinos e outros produtos, para que continúe esta actividade porta a porta que tamén é moi importante para ter cuberta a alimentación sen necesidade de se desprazar.

Back to top