Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PROTECCIÓN PARA OS ESTABLECEMENTOS

Juan Penabad insiste en que o Concello ten dispoñible material de protección para as persoas que traballan nos negocios cara ao público e que poderán abrir as súas portas desde o 11 de maio. Os teléfonos 981 402 542 e 604 002 167 funcionan as 24 horas do día para levar compra ou medicamentos a quen non pode saír da casa, pero tamén para recibir peticións de material de protección (máscaras e pantallas de protección) para a atención nos establecementos comerciais. O alcalde expresa o seu desexo de que os negocios locais poidan superar a crise canto antes e para iso pide á veciñanza que realice as súas compras no comercio de Ortigueira, sempre cumprindo as medidas de seguridade.

Back to top