O patrimonio cultural e natural, é unha das máximas potencialidades da nosa zona. E o turismo cultural, de calidade e desestacionalizado, unha das nosas prioridades. Atopámonos con que está case todo por facer, con proxectos de gran custe económico pero pouco duradeiros, debido á falta de mantemento.

Trátase dunha concellería transversal, con competencias compartidas con outras concellerías: Urbanismo, Cultura e Turismo.

Os obxectivos son: O establecemento de mecanismos, protocolos e plans de mantemento, comunicación e formación, para favorecer o cumprimento de leis e a súa sostenibilidade no tempo.

O asentamento de bases sólidas para a protección un aproveitamento social e económico sostible dos nosos recursos patrimoniais de tipo cultural (material e inmaterial), e natural.

  • Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
  • Lei 8/1995, de 30 de octubre, de Patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Lei 7/2012, de 28 de junio, de montes de Galicia.
  • Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Esta área está xestionada pola concelleira Vanesa Trevín Pita, e a súas oficinas atópanse na Casa do Concello.

Área de Patrimonio, Medio Ambiente e Paisaxe

981 400 000.
Horario: de luns a venres de 9.00h a 14.30h (excepto 13 de xullo, 27 de xullo, 21 de decembro e 28 de decembro que será de 9.00h a 13.00h).
Persoa de contacto: Vanesa Trevín vanesa.trevin@concellodeortigueira.com

Back to top