Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Participa Ortigueira é unha nova vía de comunicación entre o Concello e os veciños e veciñas, unha maneira rápida e axil de intercambiar información sobre novas, eventos, suxestións, incidencias e servizos públicos a través do WhatsApp.

ALTA E BAIXA NO SERVIZO

Para darse de alta debe:

  1. Gardar na lista de contactos do seu teléfono o número 653 475 070 co nome “Participa Ortigueira”.
  2. Enviar un whatsapp ao contacto “Participa Ortigueira” co texto “Alta información Participa Ortigueira”.

Enviaráselle entón ao usuario unha mensaxe confirmando a súa alta, e a partir dese momento comezará a recibir información e así mesmo poderá tamén enviala.

Se está a ver esta páxina co móbil e quere activar o servizo, poñemos á súa disposición a seguinte ligazón directa:

IR Á LIGAZÓN Mandar mensaxe de activación a Participa Ortigueira

Para darse de baixa, o usuario deberá:

  1. Enviar un whatsapp ao contacto “Participa Ortigueira” co texto “Baixa información”. Dende ese momento, o usuario deixará de recibir información.

DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN

A información aos usuarios enviarase de luns a domingo, de 10 h a 20 h. No caso de tratarse dunha información de urxencia, emerxencia ou especial interese, remitirase no momento oportuno.

A información non se comunica mediante a creación dun ou varios grupos de contactos, e polo tanto aqueles que se deran de alta no servizo non coñecerán nin verán a través das comunicacións recibidas información sobre o resto dos usuarios do servizo.

A difusión da información aos usuarios deste servizo faise baixo a titularidade do Concello, que é o propietario do servizo.

NORMAS DE USO

Puntualmente, o Concello poderá remitir algunha mensaxe para solicitar a opinión dos usuarios sobre o servizo coa finalidade de melloralo.

O envío de mensaxes inadecuadas ou reiteradas ao contacto do Concello por parte dalgún usuario suporá a súa baixa automática por parte do administrador do servizo.

O usuario compremétese a notificar calquera variación nos datos facilitados, en especial no caso de cambio de número de teléfono móbil, que afecte á recepción das comunicación electrónicas solicitadas.

O envío da mensaxe de alta ao móbil do Concello supón a aceptación das condicións e normas de uso do servizo e de WhatsApp (pode consultar as normas de uso de WhatsApp na seguinte ligazón):

IR Á LIGAZÓN Información de uso de WhatsApp

PRÓXIMOS EVENTOS

Back to top