Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O goberno municipal ten un compromiso claro coa participación, ao considerala eixe fundamental da acción municipal. Unha veciñanza responsable, participativa, comprometida e solidaria fai do Concello unha ferramenta máis útil na xestión dos recursos públicos.

Nas seguintes ligazóns, poden consultarse algúns dos encontros realizados entre o goberno municipal e os veciños e veciñas co obxectivo de ampliala base de participación nos asuntos municipais e incorporar á veciñanza na xestión do día a día:

O Concello está a traballar coa Asociación de Amigos do Río Mera nun proxecto para a recuperación do curso fluvial. Está previsto que a intervención que se levará a cabo en 2019 inclúa, entroutras:

  • A limpeza de plantas invasoras
  • Unha ruta de sendeirismo
  • A mellora da área recreativa

O mércores 3 de outubro a concelleira de Cultura e Educación Vanesa Trevín reuniuse con oito colectivos de veciños que van colaborar na organización da XXX Feira do Mel e a IV Feira da Mazá do Ortegal, tralo éxito obtido o ano pasado, no que por primeira vez o concello de Ortigueira e AGA (Asociación Galega de Apicultura) organizaron conxuntamente a feira do mel e da mazá.

A mesa de traballo constituíuse o 21 de marzo de 2018, e máis dun centenar de persoas que asistiron á convocatoria realizada polo Concello para abordar o problema dos danos que o xabaril está a ocasionar no sector gandeiro e á veciñanza. Integrada por representantes do sector agrogandeiro, cazadores, Concello, e técnicos traballan co obxectivo de acadar solucións para este problema e facilitar aos veciños e veciñas a presentación de denuncias polos danos causados.

En agosto, o Alcalde acompañado de membros da Mesa de Traballo sobre os efectos do xabaríl, participou na reunión de alcaldes que tivo lugar no Concello de San Sadurniño que abordou a problemática e acordou instar á Xunta de Galicia a actuar con propostas que se articulan en cada Pleno dos concellos afectados.

«Vivir no rural, do rural». Esta é a razón de ser da Asociación Rural Vivo do Ortegal. Asociación de moi recente creación, ten como obxectivos na súa folla de ruta: recabar esforzos entre a xuventude do municipio para afrontar os problemas de actividades profesionais no rural do Ortegal e dar a coñecer as debilidades e as fortalezas deste territorio en termos de emprego.

A primeira actividade deste colectivo foi a celebración ao longo do verán 2018 do I mercado de verán en colaboración co Concello.

Iniciativa que se veu desenvolvendo nos últimos meses nas parroquias de Loiba e San Claudio de maneira experimental, para aplicala despois ao resto do concello e o seu obxectivo é crear un espazo de empoderamento para as mulleres a través da reflexión e a indagación das súas propias historias de vida, recuperar a memoria das mulleres, poñer en valor o seu legado e dignificar a súa contribución e presenza na comunidade local.

O Concello organiza un Nadal diferente e a veciñanza enche as rúas da vila de adornos orixinais feitos polos propios veciños e veciñas, costume que xa se estendeu por diferentes lugares da xeografía galega. As rúas de Ortigueira poden verse con labores de gancho feitas con la no mobiliario urbán e nas árbores, dándolles un toque de cor cara ás festas de Nadal.

Non hai eventos

Back to top