OS DOMINGOS SAUDABLES ACHEGAN O TAIJI Á POBOACIÓN DE ORTIGUEIRA

A Asociación Deportiva Entre dous Cabos organiza, en colaboración co Concello de Ortigueira, unha nova edición dos Domingos Saudables co fin de achegar as artes marciais Taiji Quan e Qi Gong -que son as que imparte a entidade- á poboación da vila.

A actividade desenvólvese os domingos de xullo no mirador de San Antonio e os de agosto na Alameda, en horario de dez a once da mañá nos dous casos.

O taiji consiste en exercicios que se realizan coa relaxación do corpo e sen esforzos nin impactos, polo que está recomendado para todasas idades e condicións físicas. Tampouco é necesario que os practicantes teñan coñecementos previos desta disciplina.

Back to top