Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA TEN CATRO PRAZAS RESERVADAS DENTRO DA CAMPAÑA DE INVERNO DA DEPUTACIÓN

O Concello de Ortigueira ten adxudicadas catro plazas dentro da Campaña de Inverno da Deputación para rapaces e rapazas do municipio de entre 11 e 15 anos incluídos poidan aprender a esquiar. Os e as participantes acudirán á estación de esquí de Cabeza de Manzaneda (Ourense) na quenda comprendida entre o 8 e o 11 de febrero. No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un sorteo.

As preinscricións teranse que realizar antes do 10 de xaneiro no Concello e haberá que aboar 85 euros como cota de participación. Terán preferencia os que non teñan participado nunha campaña anterior da Deputación.

Na seguinte ligazón pode descargar o folleto de inscrición:
VER PDF Folleto de inscrición campaña de inverno 2019

Back to top