Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA SOLICITA ACOLLERSE AO 10% DE DESCONTO NO CANON UNITARIO DE SOGAMA POR TRATAMENTO DE RESIDUOS DOMÉSTICOS

O Concello de Ortigueira solicitou a Sogama acollerse a unha bonificación do 10% no canon unitario de tratamento por tonelada de residuos domésticos e pagar así 62,93 euros por tonelada en vez dos 69,983 da tarifa normal.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda permite a Sogama establecer este desconto para os Concellos que cumplan os requisitos establecidos. Estes pasan por presentar a solicitude en prazo, comprometerse a trasladar esta bonificación ás persoas beneficiarias do servizo e, por último, adoptar medidas para procurar a redución de residuos. Estas medidas deberán pasar polo mantemento ou aprobación de novas iniciativas que fomenten a recollida selectiva orientadas á prevención e redución da produción de lixo convencional ou a fomentar a reciclaxe de envases lixeiros.

Back to top