Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA, EN PREALERTA POR POSIBLES DESBORDAMENTOS DO RÍO MERA

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, informa de que a Dirección Xeral de Emerxencias decretou a prealerta por risco de inundacións no municipio. A Xunta puxo en marcha o Plan Especial para o Risco de Inundacións en Galicia (Inungal) ante a posibilidade de que se produzan desbordamentos puntuais no río Mera, no que se detectou un crecemento significativo do caudal superando os umbrais establecidos. Diante desta situación, o Concello ten dispoñibles os seus recursos por se fose precisa algunha intervención.
Back to top