ORTIGUEIRA CELEBRA O DOMINGO O DÍA DA BICICLETA

A Peña Ciclista Santa Marta de Ortigueira organiza o vindeiro domingo, día 18, coa colaboración do Concello, o Día da Bicicleta. Os e as participantes sairán ás 11.00 horas da Alameda para realizar dous percorridos diferentes en función das idades: os adultos darán unha volta de circunvalación e os pequenos farán un circuíto urbano. As inscricións teñen que se efectuar na piscina municipal (Paseo Barro Soto).

 

Back to top