ORGANIZAN UN TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL SALA PARA RECADAR FONDOS PARA AS FESTAS DO PILAR EN ORTIGUEIRA

A Comisión de Festas do Pilar organiza os vindeiros días 19 e 20 de abril un torneo interparroquial de fútbol sala que se disputará no pavillón municipal e que ten como obxectivo recadar fondos para organizar as festas deste ano.

O Concello colabora estreitamente nesta iniciativa, ao tratarse dunha actividade moi participativa na que a maioría das parroquias tomarán parte cos seus propios equipos de fútbol sala. Os trofeos que recibirán os gañadores foron entregados onte á comisión por parte do concelleiro de Deportes, Ángel Lozano.

Back to top