Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Os servizos municipais de auga e sumidoiros son xestionados pola empresa Viaqua, que conta cunha oficina no Concello. Nela, levánse a cabo as xestións de alta e baixa nos servizos, así como a modificación de datos ou a comunicación de incidencias:

C/Eugenio López 7 – baixo dereita.
Teléfono da oficina: 981 422 274.
Teléfono de atención ao cliente: 900 201 230 (de luns a venres de 8:00 a 21:00h).
Teléfono de incidencias: 900 201 250 (24 horas).
Horario de atención: de luns a venres de 9.30 h a 11.30 h (entre o 11 e o 22 de setembro, será de 12.00 h a 13.30 h)
IR Á Web da Oficina virtual de Viaqua

Nas seguintes ligazóns pode consultar as ordenanzas vixentes dos servizos de auga e sumidorios, onde ver as tarifas e bonificacións aplicables aos servizos:

VER PDF Ordenanza fiscal reguladora da taxa de auga
VER PDF Ordenanza fiscal reguladora da taxa de saneamento e sumidoiros

O servizo municipal de recollida de lixo xestiónase dende as oficinas municipais; nelas deben comunicarse as altas e baixas no servizo, así como as incidencias ou calquera outra cuestión relacionada coa recollida de residuos solidos urbáns:

Praza de Isabel II s/n.
981 400 000 – Persoa de contacto: Juan Cao García.
Horario: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas (18 de marzo, 22 de maio, 26 de xullo,16 de agosto, e 24 e 31 de decembro de 2019, todas as oficinas permanecerán pechadas a excepción do rexistro).

Na seguinte ligazón pode consultar e descargarse a ordenanza vixente do servizo de recollida de lixo (onde ver as tarifas e bonificacións aplicables ao servizo):
VER PDF Ordenanza fiscal reguladora da recollida de lixo

As instancias e solicitudes relacionadas co servizo de recollida de lixo están a disposición dos interesados no apartado de instancias e solicitudes de obras e servizos da web municipal. Pode accederse a ale a través da seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Instancias e solicitudes

Aqueles que requiran contenedores para eventos ou actos particulares, poden solicitalos no Concello cubrindo a instacia tipo, indicando o número de contenedores que solicita,as datas nas que solicita o material e calquera información que se considere de interese:

VER PDF Instancia tipo para solicitude de contenedor

Non hai eventos

Back to top