Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OBRADOIRO DO GALP A MARIÑA SOBRE XERACIÓN DE PROXECTOS DO MAR

Entre as actividades que organiza o Concello de Ortigueira para os vindeiros días, mañá martes haberá no Centro de Participación de San Roque un obradoiro sobre “Xeración de proxectos do mar” a cargo do GALP A Mariña e que dará comezo ás 18.00 horas.

A Concellería de Promoción Económica e Emprego de Ortigueira anima a asciacións, empresas, confrarías, emprendedores e persoas relacionadas dalgún xeito co mar a participar, para o que é necesario inscribirse en gobermar.marinaortegal@gmail.com (prazas dispoñibles).

O mércores, ás 17.30, terá lugar na biblioteca municipal un obradoiro pop-up, neste caso para nenos e nenas a partir de tres anos.

Back to top