Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O X ENCONTRO DE MULLERES TERÁ LUGAR O SÁBADO 9

A Concellería de Benestar Social e Igualdade ten aberto ata o día 4 de marzo o prazo para participar no X Encontro de Mulleres que terá lugar o sábado 9 dentro dos actos organizados con motivo do Día Internacional da Muller. A celebración, que está especialmente pensada para mulleres do rural, terá lugar no restaurante Orillamar de Espasante.

A inscrición poderase realizar no Centro Social de Ortigueira de oito da mañá a tres da tarde e o número de prazas é limitado.

Dentro da mesma programación, o 8 de marzo celebrarase un Pleno de Mulleres no Concello de Ortigueira, no que participarán persoas de diferentes idades e situacións para debater os problemas e inquedanzas do colectivo feminino.

Back to top