O PUNTO DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS XA ESTÁ EN CONSTRUCIÓN

O Concello de Ortigueira contará en breve cun punto de recollida de plásticos agrícolas, toda vez que as obras para a súa construción nunha parcela de propiedade municipal situada no polígono de A Rega-Cuíña xa están en marcha.

A actuación prevista consiste na realización dunha soleira de formigón na que se depositarán os plásticos agrícolas xerados nas explotacións do municipio e na realización dun peche perimetral para manter almacenados estes residuos en condicións de seguridade.

Os traballos, que teñen un prazo de execución dun mes, foron adxudicados polo Concello á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones, por un importe de 40.350 euros.

Back to top