Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos
empresariais promovidos por mulleres.

Co dito fin, o programa Emega comprende as seguintes liñas de axuda:

  • Liña Emprende
  • Liña Innova
  • Liña Activa
  • Liña ITEF
  • Concilia

Para máis información pode descarga o DOG na seguinte ligazón:

Descarga RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia.

Back to top