O DEPARTAMENTO DE CONSUMO DO CONCELLO DE ORTIGUEIRA RECOMENDA CONSULTAR A GUÍA PARA O USO SEGURO DE XOGUETES CONECTADOS NAS VACACIÓNS

Desde o departamento de consumo responsable do Concello de Ortigueira anímase aos pais e nais a consultar -neste tempo non lectivo que se aproxima coas vacacións de Semana Santa- a guía para o uso seguro de xoguetes conectados. Trátase dunha publicación realizada polo Incibe (Instituto Nacional de Ciberseguridad) e a Asociación Española de Fabricantes de Juguetes que pretende concienciar sobre os posibles riscos que pode entrañar o uso de xoguetes que posén funcións de conectividade para interactuar con outros dispositivos domésticos, como tabletas ou móbiles, ou para intercambiar datos a través de internet.

Na guía ofrécense explicacións didácticas e visuais e recomendacións para garantir a seguridade dos menores.

Pódese acceder á guía na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Guía para o uso seguro de xoguetes conectados

Back to top