Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O DELEGADO DO GOBERNO EN GALICIA VISITOU ONTE ORTIGUEIRA

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, abordou onte co alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, a situación actual da praia de Morouzos, o paseo peonil de Espasante e a desafectación dos terreos da Preguiza. Fíxoo durante unha visita institucional ao municipio, onde estivo acompañado pola subdelegada provincial, Pilar López-Rioboo.

Javier Losada interesouse polos principais proxectos da zona, en especial por aqueles nos que ten intervención directa o Goberno a través dos distintos ministerios. Un deles está relacionado coa praia de Morouzos, onde o obxectivo é protexer o piñeiral e o areal. Para iso encargouse un traballo de limpeza, corte e poda preventiva da vexetación.

Outro punto que se tratou durante a visita é o vinculado co paseo peonil de Espasante, cuxa conexión co porto está pendente. O delegado do Goberno explicou que Costas avanza na actualidade en concretar a solución para a execución desta última fase.

Tamén abordou a desvinculación dos terreos da Preguiza. Javier Losada aclarou que “esta zona está pendente dun informe para a súa definitiva desafectación e posterior legalización” pois a solución técnica xa está pactada entre o Concello, Facenda e o Colexio de Rexistradores.

Back to top