Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CURSO DE ARQUEOLOXÍA DA UDC IMPÁRTESE ESTE XOVES NO TEATRO DE BENEFICENCIA

O curso de verán da Universidade da Coruña “Arqueoloxía no berce da civilización: Exipto e Oriente II”, dirixido polo profesor Juan Luis Montero Fenollós, comezará este mércores na Facultade de Humanidades e Documentación de Ferrol e chegará o xoves 6 ao Teatro de Beneficencia de Ortigueira, que é a outra sede desta iniciativa formativa. O Concello de Ortigueira colabora co curso e o seu alcalde, Juan Penabad Muras, encargarase de dar a benvida aos participantes ás 9.30 horas.

O programa para esta data inclúe os seguintes relatorios:

10.00 horas: “Jebel al-Mutawwaq: tres décadas de escavacións españolas na estepa xordana”. Juan R. Muñiz (Pontificia Facultad de San Esteban de Salamanca).
11.00 h. “Novo proxecto en Tell el-Far’a: arqueoloxía nas terras da antiga Palestina”. Juan Luis Montero (Universidade da Coruña).
12.30 h. Proxección do documental “Autopsia, a historia segreda das momias: a momia dourada” e debate a cargo de Antonio J. Morales e Alejandro Jiménez.
16.30 h. “Escavacións da Universidade de Jaén na necrópole de Qubbet el-Hawa (Asuán, Egipto)”. Alejandro Jiménez (Universidad de Jaén).
17.30 h. “Os inicios do Reino Medio en Tebas a través dos traballos do Middle Kingdom Theban Project na necrópole de Deir el-Bahari”. Antonio J. Morales (Universidad de Alcalá de Henares).

Aínda que os e as matriculados no curso teñen prioridade, a entrada no teatro é libre -sen dereito a títulose quedan prazas baleiras.

Back to top