O CONCELLO PON EN MARCHA A CAMPAÑA AGASALLOS DE NADAL PARA FAVORECER A IGUALDADE DOS NENOS E NENAS

O Concello de Ortigueira organiza unha campaña de Agasallos de Nadal destinada a familias con poucos recursos económicos a fin de favorecer a igualdade dos nenos e nenas. A iniciativa está pensada para menores de 14 anos ou de 18 no caso de que padezan unha minusvalía recoñecida superior ao 65%. Os pais, nais ou titores poden presentar as solicitudes no rexistro do Concello ata o vindeiro venres, día 16 de novembro, acreditando estar empadroado e residir habitualmente na localidade e que os ingresos ponderados non superen anualmente en máis dun 1,5% o Salario Mínimo Interprofesional (10.302,60 euros ao ano no 2018), unha vez deducidos o aluguer ou gastos de amortización de vivenda habitual.

Á campaña destínase un presuposto total de 2.500 euros e a axuda non poderá superar os 50 euros por neno/a. Esta cantidade entregarase nun vale de compra que se poderá cambiar por xoguetes, libros, roupa ou calzado deportivo e material relacionado coas novas tecnoloxías en establecementos do municipio.

As bases pódense consultar na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Bases da campaña “Agasallos de Nadal 2018”

Back to top