Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO PIDE ÁS PERSOAS EMPADROADAS EN ORTIGUEIRA QUE QUEIRAN SER HOMENAXEADAS POLAS SÚAS VODAS DE OURO QUE SE POÑAN EN CONTACTO COS SERVIZOS SOCIAIS

As restricións derivadas da Covid-19 impiden levar a cabo a conmemoración que cada ano organiza o Concello de Ortigueira para celebrar as Vodas de Ouro de parellas empadroadas no municipio. A institución municipal non quere, porén, deixar pasar a que sería a 31ª edición desta iniciativa, e desexa felicitar igualmente aos matrimonios que cumpren 50 anos de casados. As persoas que queiran ser homenaxeadas desde o Concello poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais no teléfono 981 402 542 antes do 1 de decembro

Back to top