Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE CARRETILLA ELEVADORA

O Concello de Ortigueira organiza un curso de iniciación en carretillas elevadoras con carga en voladizo ata 10.000 quilogramos para os días 1 e 4 de outubro. As persoas interesadas en participar poderán anotarse desde mañá, 9 de setembro, ata o 28 do mesmo mes.

A formación será impartida pola Fundación Laboral da Construción o 1 e 4 de outubro en horario de 08:30 a 14:30 horas. As persoas que queiran aistir ao taller poderán inscribirse desde o 9 ata o 28 de setembro nas oficinas de rexistro do Concello.

Para dúbidas ou máis información poderase consultar coa orientadora laboral a través do correo malvarez@concellodeortigueira.com ou o teléfono 981 400 000.

Back to top