Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO INVITA AOS NENOS E NENAS A CONTAR OS SEUS PLANS PARA CANDO REMATE A CORENTENA A TRAVÉS DA INICIATIVA “ORTIGUEIRA DENDE A XANELA”

O Concello de Ortigueira quere contribuír a facer máis ameno o tempo de corentena dos nenos e nenas, e coa fin de motivalos para desenvolver a súa creatividade e aproveitar os momentos de ocio puxo en marcha a iniciativa “Ortigueira desde a xanela”.

A responsable de Educación e Cultura, Belén Bello Castro, explica que se trata dunha proposta para que os pequenos e pequenas de ata 14 años plasmen nun debuxo e nunha redacción os seus plans para cando remate o confinamento imposto pola crise do coronavirus. Os traballos teñen que enviarse ao Facebook do Concello co cancelo #OrtigueiraDendeAXanela e o nome do autor/a. Todos eles pasarán a formar parte dun álbum e os participantes poden conseguir, ademais, un agasallo.

O prazo de participación está aberto ata o día 30 de marzo.

Back to top