Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO IMPULSARÁ VARIOS CURSOS DE INICIACIÓN AO KAIAK EN ORTIGUEIRA DO 5 AO 9 DE JULIO E EN ESPASANTE DO 12 AO 16

O Concello de Ortigueira impulsará varios cursos de iniciación ao kaiak nas praias de Ortigueira e Espasante do 5 ao 9 de xullo e do 12 ao 16 do mesmo mes respectivamente. Haberá dispoñibles 20 prazas por curso e é imprescindible ser maior de 10 anos e estar empadroado no municipio.

As inscricións formalizaranse exclusivamente por teléfono na liña habilitada 981 42 20 26 ou na Piscina Municipal en horario de 10:00 a 12:00 horas. No caso de haber máis solicitantes que prazas, realizarase un sorteo.

O prazo de inscrición pecharase o 1 de xullo para o curso de Ortigueira e o día 8 para o de Espasante. O prezo será de 25 euros por curso e existe un protocolo na Escola de kaiak de obrigado cumprimento para os nenos e as nenas participantes.

O edil de Deportes, Anxo Lozano, quixo destacar a “ampla oferta deportiva para este verán, no que iremos recuperando pouco a pouco a actividade pero no que aínda teremos que seguir escrupulosamente as recomendacións sanitarias para vivilo con seguridade”, engadiu.

Back to top