O CONCELLO HABILITA TRANSPORTE INSTITUCIONAL GRATUÍTO PARA FACILITAR A VOTACIÓN DO DOMINGO NAS ZONAS ONDE NON HAI MESAS ELECTORAIS

O Concello de Ortigueira habilitará o vindeiro domingo un servizo de autobuses gratuíto para que os veciños e veciñas poidan exercer o seu dereito ao voto nos lugares onde non hai mesas electorais, trasladándoos ata os correspondentes colexios. Deste transporte institucional gratuíto encargarase a empresa Autocares Fandiño (Marbús).

Os horarios e percorridos son os seguintes:

  • Itinerario 1:
    Igrexa de Céltigos: 11.15 h e 17.45 horas.
    Ladrido (Viradeiro transporte escolar): 12.00 h e 18.30 horas.
    Barbos: 12.30 h e 19.00 horas.
  • Itinerario 2:
    San Salvador (Montecalvelo-Casas): 10.00 h e 17.00 horas.
    San Cristóbal (Das Mestas-Santaballa-Corbelle-Val de Couzadoiro): 10.30 h e 16.30 horas.
  • Itinerario 3:
    Neves: Panda da Serra (9.00 h e 15.00 horas), Rego dos Sapos (9.15 h e 15.15 horas), Lombao (9.30 h e 15.30 horas), Hermida (9.45 h e 15.45 horas).
    Devesos (Mestas): 10.00 h e 16.30 horas.
    Freires (Ferreirola-Castelo): 10.00 h e 16.00 horas.
  • Itinerario 4:
    Mera de Riba (desde a estrada xeral por Ponte Noval a Tellas e Torrente ata Mera de Baixo): 12.00 h e 15.30 horas.
  • Itinerario 5:
    Insua (desde San Miguel-Igrexa-Viradeiro de volta de Insua pasando pola Igrexa e centro social da parroquia do Ermo): 10.00 h e 17.30 horas.
Back to top