Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DISTRIBUIRÁ ENTRE AS FAMILIAS VULNERABLES O MATERIAL HIXIÉNICO-SANITARIO RECOLLIDO POLO IES DE ORTIGUEIRA NA SÚA CAMPAÑA “DOA HIXIENE, DOA SAÚDE”

Os Servizos Sociais de Ortigueira recibiron xa os produtos hixiénicosanitarios doados pola comunidade educativa do IES de Ortigueira dentro da campaña “Doa hixiene, doa saúde”, organizada por este centro educativo. O material será distribuído polo Concello entre as familias en situacións vulnerables do municipio.

Os Servizos Sociais municipais trasladan o seu agradecemento a o instituto por esta campaña en particular e polo traballo que desenvolve nas aulas “facendo da solidariedade e a cooperación un fin educativo”.

Back to top