O CONCELLO DE ORTIGUEIRA ORGANIZA DÚAS XEORUTAS GUIADAS POLO XEÓLOGO FRANCISCO CANOSA

O Concello de Ortigueira organiza dúas rutas xeolóxicas guiadas polo xeólogo Francisco Canosa, a primeira delas o vindeiro martes 23. Trátase da xeo-ruta dos volcáns, que percorre 6 quilómetros pola costa de Loiba.

A saída será ás 16.00 horas desde o aparcadoiro da praia do Picón e prolongarase ata as 20.00 horas. A dificultade é media.

A seguirte xeo-ruta será a das lavas, esta de menor dificultade. Será o martes 13 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas e percorrerá a zona de Espasante cunha distancia de 4 quilómetros. O punto de encontro neste caso é a praia da Concha, xuntao al río.

O prezo de cada ruta é de 5 euros e as reservas téñense que realizar na oficina de turismo de Ortigueira ou no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.

 

Back to top