Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE ORTIGUEIRA DÁ UNHAS PAUTAS DE CONDUTA PARA O FESTIVAL CELTA

O Concello de Ortigueira elaborou uns carteis para informar aos e as asistentes ao Festival Celta da obriga de manter libre de vehículos a vía de evacuación establecida para o caso de que se produza algún problema, e tamén para dar unha serie de recomendacións e advertir da imposición de sancións se se incumple a normativa de tráfico.

A vía de evacuación é un percorrido perimetral que vai desde a estrada xeral pola rúa Reverendo Márquez Cortiñas, pola rúa de acceso á praia ata a Travesía da Constitución e o Paseo Barro Soto, e pola rúa do Malecón ata volver á estrada xeral.

O Concello insta a circular con precaución e informa de que funcionará o servizo de grúa para retirar os vehículos mal estacionados. Así mesmo invita as moitas persoas que estes días pernoctarán en Ortigueira a coidar o medio ambiente, a non pisar as dunas nin acampar no piñeiral. Lembra que está prohibido facer lume e pide que non se malgaste a auga nin se leven mascotas.

Back to top