Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ANIMA A INSCRIBIRSE NOS CURSOS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO DA DEPUTACIÓN, QUE RESERVAN SEIS PRAZAS PARA ORTIGUEIRA

O Concello de Ortigueira abrirá do 18 de xaneiro ao 3 de febreiro o prazo de inscrición para participar nos cursos de salvamento e socorrismo acuático dirixidos a mozos e mozas desempregados de 18 a 30 anos que impartirá a Deputación Provincial no marco do Plan de Emprego Local. Haberá dúas modalidades: para espazos acuáticos naturais -praias costeiras e fluviais- , con 420 horas de formación (340 teóricas e 80 prácticas); e instalaciòns deportivas, neste caso con 210 horas en total, 130 teóricas e 80 prácticas..

Cada Concello ten un máximo posible de 6 prazas, polo que de superarse este número realizaranse unha serie de probas físicas e unha entrevista para facer a selección. A formación teórico-práctica impartirase no Centro de Formación da Cruz Vermella de A Coruña e as prácticas levaranse a cabo en praias dos Concellos da provincia.

Desde o Concello anímase aos interesados e interesadas a inscribirse, xa que estes cursos profesionais ofrecen posibilidades de emprego estacional durante o verán pero tamén durante o resto do ano en piscinas cubertas. Ademais, esta formación -que dependerá da evolución das circunstancias sanitariasé puntuable en procesos selectivos como o acceso ao corpo de Bombeiros.

Para máis información hai que dirixirse ao departamento de Orientaciòn Laboral do Concello.

Na seguinte ligazón podese descargar o formulario de inscrición.

Formulario Inscrición

Back to top