O CIM ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE ENDOMETRIOSE O DÍA 5 DE ABRIL NO CENTRO SOCIAL DE ORTIGUEIRA

O ciclo “Muller e Saúde” -do Centro de Información á Muller dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade de Ortigueira- continuará o vindeiro 5 de abril cunha charla informativa sobre “Endometriose, a enfermidade silenciosa”.

Nesta actividade ofrecerase información sobre a devandita doenza, de maneira que as mulleres poidan identificar os seus síntomas desde o primeiro momento. A finalidade é tamén rachar coa crenza de que as regras dolorosas non agochan patoloxías.

Será Ana Pernas, da entidade QuerENDO, a encargada de impartir a conferencia, que se desenvolverá no centro social de Ortigueira a partir das 17.00 horas.

As inscricións poden realizarse no CIM ou chamando ao número de teléfono 981 402 542.

Back to top